Moeche é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Os primeiros vestixios localizados no municipio de Moeche datan de Idade do Bronce, como así o demostran os restos atopados nos xacementos de Santa Cruz e no castro de Labacengos. Posteriormente os romanos tamén deixaron as súas pegadas.