Search:
Home  About  Submit Site    
  
 
Concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barcala.
O concello, de 98,2 km², limita cos concellos de Ames, Negreira, Val do Dubra e Santa Comba. Está situado a uns 25 km ao oeste de Santiago de Compostela.
Situado no fermoso Val de Barcala, que o Concello da Baña forma conxuntamente co de Negreira,
O relevo está determinado polos tres vales que baixan dende as terras de Xallas cara ao río Tambre: os dos ríos Barcala, que discorre case na súa totalidade por terras do municipio até desembocar en Negreira no río Tambre; o río Albariña (ou Baña), que desemboca no propio Barcala; e o do río Portalaxe, que desemboca no Tambre.
O concello ten un clima oceánico, morno e húmido, cuns 2.000 mm anuais de precipitacións. As temperaturas son moderadas, con 7,2 °C de media en xaneiro, e 17,9 °C en xullo.
Also Available in These Languages
This directory is made available through a Creative Commons Attribution license from the DMOZ Organization.

© 2025 - Midnight Design Productions, LLC